O plan de estudos do Grao en Enxeñaría Informática está formado por materias de diferentes tipos:

  • Formación básica: 60 ECTS
  • Obrigatorias: 138 ECTS
  • Optativas (perfil “Enxeñaría de Software”): Ofértanse 36 ECTS
  • Optativas (perfil “Tecnoloxías da Información”): Ofértanse 36 ECTS
  • Traballo Fin de Grao (TFG): 12 ECTS

Para obter o título de Grao, o estudante deberá superar 240 ECTS (60 de Formación Básica, 138 obrigatorios, 30 optativos e 12 do TFG).

Un crédito ECTS equivale a 25 horas de traballo do alumno (que se reparten en actividades presenciais e non presenciais).

Organización das materias

O plan de estudos está organizado en materias (ver esquema), que a súa vez se dividen en asignaturas:

Materia: Administración e Xestión (18 ECTS)

Coordinador: Celso Campos Bastos

Esta materia está composta por tres asignaturas, nas que se adquiren competencias relativas ao cumprimento da lexislación que regula as actividades da práctica profesional, a planificación, dirección e xestión de proxectos informáticos, aseguramiento das directrices de calidade e o coñecemento dos procesos e a organización empresariais:

Materia: Matemáticas e estatística (24 ECTS)

CoordinadorTomás Cotos Yáñez

Esta materia está formada por catro asignaturas, nas que se adquiren competencias de matemática discreta, lóxica, álxebra lineal e estatística que son fundamentais para outras materias da titulación, pois proporciona a base matemática necesaria para disciplinas como a estrutura de datos, algoritmos, programación, linguaxes informáticas, teoría de bases de datos, teoría de autómatas, linguaxes formais, teoría de compiladores, redes, informática gráfica, seguridade, sistemas operativos…

Materia: Programación (36 ECTS)

CoordinadorVíctor Manuel Darriba Bilbao

Esta materia está composta por seis asignaturas, nas que se adquiren competencias relativas ás estruturas de datos, programación, sistemas para analizar, modelar, manipular, deseñar e desenvolver sistemas informáticos, así como programar de forma robusta, correcta e eficiente.

Materia: Sistemas operativos, sistemas distribuidos e redes (36 ECTS)

CoordinadorSilvana Gómez Meire

Esta materia está composta por seis asignaturas nas que se adquiren competencias específicas relativas ao coñecemento do funcionamento e a administración dos sistemas operativos, o deseño e xestión de redes, o deseño de políticas de seguridade ou o desenvolvemento de sistemas distribuídos e concorrente:

Materia: Sistemas de software (36 ECTS)

CoordinadorArturo Méndez Penín

Está composta por seis asignaturas nas que se adquiren competencias relativas á análise, deseño e construción de sistemas de software, aplicación de metodoloxías de desenvolvemento, deseño e administración de bases de datos, deseño de interfaces de usuario e fundamentos e construción de sistemas intelixentes:

Materia: Enxeñería de computadoras (36 ECTS)

CoordinadorMatías García Rivera

Materia de seis asignaturas, nas que se adquiren competencias relativas ao coñecemento dos fundamentos físicos dos computadores, arquitecturas, funcionamento, instalación e administración de sistemas hardware, deseño de centros de datos, etc:

Materia: Prácticas en empresa (12 ECTS optativos)

Coordinadora: Lourdes Borrajo Diz

Esta materia está composta por dúas asignaturas de prácticas en empresa, de 6 ou 12 ECTS, nas que se pode afondar en competencias relativas aos módulos de Enxeñaría do Software e Tecnoloxías da Información, dotando ao estudantado de experiencia no desempeño da profesión de Enxeñeiro/a Técnico/a en Informática, e as súas funcións e responsabilidades máis habituais.

Materia: Proxectos (18 ECTS)

CoordinadoraRosalía Laza Fidalgo

Esta materia está composta por unha asignatura de 6 ECTS e o Traballo Fin de Grao (12 ECTS), ambas obrigatorias. Nesta materia se pode afondar en calquera das competencias adquiridas polo estudantado durante o desenvolvemento dos seus estudos, pois se busca que adquira experiencia no desenvolvemento da profesión de Enxeñeiro/a Técnico/a en Informática e as súas funciones máis habituales.

Organización das especialidades

Establécense dúas especialidades que achegan ao currículo do alumno non só un elevado atractivo fronte aos empleadores, senón que desenvolven un conxunto de competencias técnicas e transversais que lle permiten avanzar, ao longo da súa vida laboral, cara a postos de responsabilidade e toma de decisións.
Para saber máis sobre as especialidades, pincha aquí.