Curso 2019-2020

Que é o curso ponte?

É un curso que da acceso, nun ano, ao título de Grao en Enxeñaría Informática. Para iso hai que cursar 60 créditos ECTS, repartidos en oito materias, e un traballo fin de grao de 12 ECTS.

Quen se pode matricular?

Os solicitantes deberán ser titulados/as en Enxeñaría Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo.

Que materias hai que cursar?

MATERIA ECTS Cuadrimestre
REDES DE COMPUTADORAS II 6 1
SISTEMAS OPERATIVOS II 6 2
ARQUITECTURAS PARALELAS 6 2
TEORÍA DE AUTÓMATAS E LINGUAXES FORMAIS 6 2
SISTEMAS INTELIXENTES 6 2
CONCORRENCIA E DISTRIBUCIÓN 6 2
BASES DE DATOS II 6 1
CENTROS DE DATOS 6 1
TRABALLO FIN DE GRAO 12 2

En que horario se imparten as clases do curso ponte?

A materias do curso ponte son materias de segundo e terceiro de Grao en Enxeñaría Informática. Os alumnos do curso ponte asistirán ás mismas clases e no mesmo horario que o resto do alumnado destes cursos.

Estou interesado no curso ponte pero pola mañá traballo. É obrigatorio asistir a clase?

Non. Segundo a normativa da ESEI, todas as materias de grao teñen que incorporar un sistema de avaliación para non asistentes.

Cantas prazas se ofertan?

Para o curso 2019/2020 ofértanse 20 prazas.

Cal é o criterio de selección?

O criterio de selección entre os solicitantes será a nota media simple do expediente académico, calculada de acordo cos parámetros reflectidos no protocolo de colaboración suscrito o 21 de febreiro de 2005 entre a Consellería de Educación e as universidades galegas.

Estou, ou estiven, matriculado/a no segundo ciclo de Enxeñaría en Informática. Recoñeceránseme créditos por iso?

Sí, se tes algunha destas materias do segundo ciclo superadas, poderánseche recoñecer polas materias correspondentes do curso ponte, segundo podes ver na seguinte táboa:

Materias do curso ponte Adaptación con materias do 2º ciclo de Enxeñaría en Informática
REDES DE COMPUTADORAS II REDES
SISTEMAS OPERATIVOS II ADMINISTRACIÓN E CONFIGURACIÓN DE SISTEMAS OPERATIVOS
CONCORRENCIA E DISTRIBUCIÓN CONCORRENCIA E DISTRIBUCIÓN
ARQUITECTURAS PARALELAS ARQUITECTURA E ENXEÑARÍA DE COMPUTADORES
CENTROS DE DATOS SISTEMAS INFORMÁTICOS
TEORÍA DE AUTÓMATAS E LINGUAXES FORMAIS PROCESADORES DE LINGUAXES
SISTEMAS INTELIXENTES INTELIXENCIA ARTIFICIAL
BASES DE DATOS II ADMINISTRACIÓN E DESEÑO DE BASES DE DATOS

Por que non se me recoñece o Traballo Fin de Grao polo Proxecto Fin de Carreira que fixen na Enxeñaría Técnica?

Segundo o establecido no artigo 6 do RD 1393/2007, modificado polo R.D. 861/2010, NON poderán ser obxecto de recoñecemento os créditos correspondentes ao Traballo Fin de Grao.

Teño experiencia profesional. Recoñeceránseme créditos por ela?

Sí, poderanse recoñecer ata 36 ECTS por experiencia profesional posterior á obtención do título de Enxeñeiro Técnico. A Comisión de Recoñecemento de Créditos e Adaptacións da ESEI será a responsable de fixar os criterios de recoñecemento da experiencia profesional, o cal se fará en base ao conxunto de competencias das materias do curso ponte que teña adquirido o/a solicitante no exercicio da súa profesión, e atendendo á seguinte táboa:

EXPERIENCIA PROFESIONAL ECTS RECOÑECIDOS
300 – 599 horas 6
600 – 899 horas 12
900 – 1199 horas 18
1200 – 1499 horas 24
150 – 1799 horas 30
1800 horas ou máis 36

Calendario de admisión e matrícula

Primeiro prazo:

Presentación de solicitudes 10– 21 de xuño
Publicación provisoria de solicitudes admitidas a trámite 26 de xuño
Presentación de reclamacións 27-28 de xuño
Publicación definitiva de solicitudes admitidas a trámite 4 de xullo
Publicación provisoria de persoas admitidas 5 de xullo
Presentación de reclamacións 8 – 9 de xullo
Publicación definitiva de persoas admitidas 12 de xullo

Segundo prazo:

No caso de haber menos persoas admitidas que prazas ofertadas o centro poderá admitir solicitudes fóra de prazo sempre que a admisión poida ser resolta e a matrícula formalizada antes de que remate o período ordinario de matrícula.

Procedemento

1) Entregar o formulario de solicitude asinado, acompañado da fotocopia do DNI ou pasaporte, en calquera dos rexistros xerais da Universidade de Vigo, dirixido ao Director da Escola Superior de Enxeñaría Informática.

2) Non é necesario achegar o certificado académico.

Recoñecemento de créditos por experiencia profesional

Unicamente se terá en conta a experiencia profesional POSTERIOR á obtención do título de Enxeñeiro Técnico en Informática de Xestión.

Documentación que se debe presentar

1) Recopilatorio de documentación entregada (doc) (odt).

2) CV no formato oficial (doc) (odt).

3) Formulario de autoavaliación de competencias (doc) (odt).

4) Documentación acreditativa obrigatoria da experiencia laboral:

  • Informe de vida laboral.
  • Copia dos contratos de traballo.
  • Certificados que xustifiquen o tipo de traballo desenvolvido e horas de adicación, proxectos nos que se teña participado e horas de adicación, responsabilidades, etc.

Traballo Fin de Grao

Os/as estudiantes de Grao terán que realizar un Traballo Fin de Grao (TFG) de 12 ECTS, equivalente a 300 horas de traballo. Tal e como establece a memoria da titulación, o TFG é un traballo individual e será presentado a final de curso diante dun tribunal. Ao igual que ocorre cos PFC, os/as estudiantes poderán chegar a un acordo cun profesor do Centro para a dirección do seu TFG, ou escoller algunha das propostas que o profesorado publica na web.

Aínda que o TFG é unha materia do segundo cuadrimestre, nada impide que se comece o traballo durante o primeiro cuadrimestre.

Para máis información, por favor diríxase á Secretaría da ESEI, en horario de 9:00 a 14:00, no 988387003/4, ou en act@uvigo.es