A súa empresa ou institución pode colaborar coa ESEI ou cos seus grupos de investigación en diferentes ámbitos de interese:

Investigación, desenvolvemento e innovación

Se está interesado/a en accións de investigación, informes, proxectos de I+D, etc, o aconsellable é que estude as liñas de investigación dos grupos investigadores desta Escola, e contacte co responsable do que mellor se adapte ás súas necesidades. Dende aquí pode consultar a información sobre estos grupos.

Prácticas preprofesionais

Se o seu interese reside en ofertar prácticas preprofesionais para estudantes das nosas titulacións, o adecuado é que se poña en contacto coa Fundación Universidade de Vigo (FUVI), que é a responsable de tramitar os convenios de colaboración coa Universidade. Nembargantes, tamén pode contactar co coordinador de prácticas da ESEI, a profesora M. Lourdes Borrajo Diz (emprego@esei.uvigo.es).

Ofertas de emprego

Se desexa publicitar unha oferta de emprego debe porse en contacto coa Área de Emprego e Emprendemento da Universidade de Vigo, que é a encargada de xestionar as ofertas.

Correo electrónico: emprego@uvigo.es
Teléfono:+34 986 818 710

Colaboración institucional

Neste caso pode dirixirse directamente á Dirección da ESEI: