O plano de estudos do Grao en Intelixencia Artificial ten un total de 240 créditos, distribuidos en 4 cursos de 60 créditos cada un. Inclúe toda a formación teórica e práctica que o alumnado debe adquirir, de acordo a seguinte distribución:

  • Formación básica: 60 ECTS
  • Obrigatorias: 60 ECTS
  • Prácticas externas obrigatorias: 6 ECTS
  • Obrigatorias Itinerario UVigo: 90 ECTS
  • Optativas: Ofértanse 36 ECTS, das que deben cursarse 12 ECTS
  • Traballo Fin de Grao (TFG): 12 ECTS

Un crédito ECTS equivale a 25 horas de traballo do alumno (que se reparten en actividades presenciais e non presenciais).

Organización dos módulos

O plan de estudos está organizado en módulos (ver Esquema) que, a súa vez, se dividen en asignaturas:

Módulo: Matemáticas (30 ECTS)

Coordinador/a: Francisco Javier García Cutrín

Este módulo inclúe cinco asignaturas de formación básica e obrigatorias, de 6 ECTS cada unha, nas que se desenvolven os contidos e conceptos fundamentais de matemáticas que sentarán as bases nas que se apoiarán o resto das materias do grao. En particular, cubren conceptos básicos de álxebra lineal e xeometría, cálculo diferencial, matemática discreta, estatística e optimización.

Módulo: Software e bases de datos (30 ECTS)

Coordinador: Baltasar García Pérez-Schofield

Este módulo inclúe cinco asignaturas de formación básica e obrigatorias, de 6 ECTS cada unha. Nas tres primeiras (Programación I, Programación II e Algoritmos) realízase unha introdución á programación imperativa e á programación funcional, vendo as distintas estruturas de datos e analizando a complexidade computacional. A asignatura de Enxeñaría de Software se orienta ao estudo dos procesos e metodoloxías que interveñen na construción de sistemas software enfocados ao seu uso en contornas de IA. Por último, a materia Bases de Datos céntrase na aprendizaxe os conceptos principais relacionados co deseño de bases de datos relacionales e a súa consulta declarativa:

Módulo: Computadoras e redes (24 ECTS)

Coordinadora: Analia García Lourenço

Este módulo inclúe catro asignaturas de formación básica e obrigatorias, de 6 ECTS cada unha. Informática: Adquisición e procesamento do sinal céntrase na aprendizaxe das destrezas necesarias para adquirir e procesar sinais dunha contorna real. Nas demais estúdanse os sistemas de computación, desde as arquitecturas básicas aos sistemas concorrentes, distribuídos e paralelos e realízase unha introdución ás redes de computadores e modelos na nube.

Módulo: Fundamentos de IA (30 ECTS)

Coordinador: Víctor Manuel Darriba Bilbao

Este módulo inclúe cinco asignaturas de formación básica e obrigatoria, de 6 ECTS cada unha, nas que se estuda desde a lóxica, os autómatas e linguaxes formais, ata as técnicas e tecnoloxías da IA orientadas á representación do coñecemento e razoamento e os algoritmos básicos da IA:

Módulo: Aprendizaxe automática (18 ECTS)

Coordinador/a:

Este módulo inclúe tres asignaturas obrigatorias, de 6 ECTS cada unha, que abordan o ámbito da Aprendizaxe Automática desde diferentes ópticas no que á natureza dos datos de entrada ou ao mecanismo de retroalimentación utilizados se refire, aplicando tamén diferentes modelos computacionales. No primeiro caso, fálase de técnicas supervisadas ou non supervisadas segundo o conxunto de adestramento é previamente enriquecido coas respostas que se pretenden predicir, ou de aprendizaxe por reforzo cando do que se trata é de alcanzar unha solución óptima en base á aplicación dunha estratexia de proba e erro que recompense comportamentos desexados e penalice os non desexados. No que se refire aos modelos computacionales, se diferencia entre os baseados no razoamento simbólico clásico, e os baseados en mecanismos adaptativos que interaccionan coa contorna para optimizar os modelos, tanto se se inspiran en procesos evolutivos naturais como en arquitecturas conexionistas que emulan as funcións cerebrais.

Módulo: Tecnoloxías da linguaxe (24 ECTS)

Coordinador/a:

Este módulo inclúe catro asignaturas obrigatorias, de 6 ECTS cada unha, que definen un marco para a explotación de información a partir de contido textual, incluíndo documentos da web e as redes sociais, a partir da potencialidade asociada ás técnicas de procesamiento da linguaxe natural e as redes de comunicación. Iso permitirá abordar de forma efectiva a recuperación de información e tamén a derivación de coñecemento, independentemente de cal sexa a súa distribución e localización física, baseándonse na explotación dos mecanismos comunicativos da linguaxe humana. Será entón posible o desenvolvemento de ferramentas aplicables á práctica totalidade de datos xerados e almacenados, sobre unha ampla gama de cuestións de interese práctico que van desde a análise dos sentimentos á procura de respostas.

Módulo: Enxeñaría do coñecemento (18 ECTS)

Coordinador/a:

Este módulo inclúe tres asignaturas obrigatorias, de 6 ECTS cada unha, que introducen os fundamentos e técnicas que no ámbito da Intelixencia Artificial inspíranse no razoamento humano. O obxectivo é abordar a resolución de problemas de forma totalmente automática, aínda en escenarios de gran complexidade, ben por carencias na información dispoñible para o seu tratamento, ben pola dificultade inherente a este. No primeiro caso, se considera unha accesibilidade limitada a conxuntos incompletos de datos ou que inclúan certo grao de incerteza. No segundo, a inexistencia dunha solución algorítmica práctica ou mesmo teórica, mediante a aplicación de heurísticas e a colaboración efectiva entre axentes nunha arquitectura distribuída, respectivamente.

  • Sistemas expertos (Obrigatoria)
  • Razoamento con incertidume (Obrigatoria)
  • Sistemas baseados en axentes (Obrigatoria)

Módulo: Big Data (12 ECTS)

Coordinador/a:

Este módulo inclúe dúas asignaturas obrigatorias, de 6 ECTS cada unha, que abordan o problema do procesamiento masivo de datos (Big Data), explotando as posibilidades do almacenamento e procesamiento distribuídos. O obxectivo é construír solucións escalables, tanto no caso estruturado como no non estruturado. No primeiro, o concepto é o interactivo tradicional das bases de datos, aínda que diferindo das propostas clásicas en aspectos relevantes que, como a ausencia de estruturas fixas de almacenamento ou unha atomicidade relaxada nas operacións de consulta, fanas máis abertas e flexibles. No segundo, o concepto refírese á extracción e almacenamento, mediante predicións baseadas en patróns observables, de información potencialmente xerada sobre fluxos continuos.

  • Bases de datos NoSQL (Obrigatoria)
  • Técnicas de procesamento masivo de datos (Obrigatoria)

Módulo: Aspectos profesionais (6 ECTS)

Coordinador/a:

Este módulo está composto por unha asignatura obrigatoria, de 6 ECTS, cuxo obxectivo é instruír ao estudante no respecto á legalidade vixente e a observación de códigos de boas prácticas. Neste contexto dótase dos coñecementos necesarios para dirimir calquera cuestión ética ou xurídica que afecte o curso do seu labor profesional ao deseño, desenvolvemento ou uso de ferramentas no ámbito da IA.

  • Dimensión ética e xurídica da IA (Obrigatoria)

Módulo: Interación e percepción (24 ECTS)

Coordinador/a:

Este módulo inclúe catro asignaturas (dúas obrigatoria e dúas optativas), de 6 ECTS cada unha, que abordan o tratamento da interación e a percepción entre entes, ben no caso humano/máquina, ben no caso máquina/máquina. No primeiro caso, se explota o potencial das técnicas de procesamiento da linguaxe natural e das interfaces intelixentes, mentres que para o segundo o punto de partida é o concepto de sistema reactivo para o modelado de respostas e a consideración de mecanismos de interconexión dixital baseados en Internet para a xestión de comportamentos preventivos. A percepción baseada en sistemas de visión artificial complementa as capacidades interactivas en ambos escenarios.

  • Plataforma de Internet das cousas (Obrigatoria)
  • Sistemas reactivos (Obrigatoria)
  • Interfaces intelixentes (Optativa)
  • Visión artificial (Optativa)

Módulo: Aplicacións baseadas en IA (24 ECTS)

Coordinador/a:

Este módulo está composto por catro asignaturas optativas, de 6 ECTS cada unha, que integran e explotan as capacidades adquiridas polo estudante na súa formación previa, centrándose nalgúns dos ámbitos de aplicación con maior proxección actual no que á xestión intelixente da información se refire. Dáse así a oportunidade ao estudante de desenvolver as súas habilidades transversais, pondo a proba os coñecementos recibidos e abordando retos concretos en campos como a ciberseguridad, a xestión de información estratéxica, a robótica ou a saúde.

  • IA no ámbito empresarial e administrativo (Optativa)
  • IA no ámbito sanitario (Optativa)
  • Ciberseguridade intelixente (Optativa)
  • Robótica baseada no comportamento (Optativa)

Módulo: Empresa (6 ECTS)

Coordinador: Diego Rodríguez-Toubes Muñiz

Este módulo está composto por unha única asignatura de formación básica de 6 ECTS, que cobre os aspectos básicos da xestión de organizacións, pondo o foco na intelixencia artificial:

  • Empresa: Xestión de organizacións (Formación básica)

Módulo: Prácticas externas (6 ECTS)

Coordinador: Francisco Javier Rodríguez Martínez

Este módulo está composto por unha única asignatura de carácter obrigatorio, de 6 ECTS, que pretende dar a coñecer, mediante a experiencia directa nunha entidade externa, as formas de organización do traballo e os condicionantes da profesión tal e como se exerce no mundo laboral. Tamén ofrece ao alumnado unha ampliación de contacto co mundo profesional, como espazo para pór en práctica competencias, habilidades e coñecementos adquiridas no curso da súa formación.

  • Prácticas externas (Obrigatoria)

Módulo: Traballo Fin de Grao (12 ECTS)

Coordinadora: Rosalía Laza Fidalgo

Este módulo está composto por unha única asignatura de 12 ECTS, o Traballo Fin de Grao. Neste módulo pódese afondar nas competencias adquiridas polo alumnado no desenvolvemento dos seus estudos.

  • Traballo Fin de Grao (Obrigatoria)