Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia

Para os titulados e tituladas de Enxeñaría en Informática, Licenciatura en Informática ou Máster Universitario en Enxeñaría Informática.

¿Qué é o CPEIG?

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) é un dos colexios profesionais máis activos na defensa dos intereses dos seus colexiados e colexiadas, posto que é o medio a través do cal os profesionais do sector poden participar no ordenamento e na regulación do ámbito da enxeñaría en informática.

Representa o noso colectivo con dignidade, responsabilidade e transparencia. Sempre, en cada unha das nosas actuacións ou demandas, temos a vontade de lograr que o exercicio da nosa profesión teña unha repercusión directa e positiva na sociedade na que nos integramos.

O noso colexio ten unha historia recente. Constituíuse no mes de decembro de 2007 como corporación de dereito público e de carácter profesional, con personalidade xurídica propia que se rexe pola normativa vixente na materia e polos seus estatutos. Con sede en Santiago de Compostela, na actualidade conta con máis de 300 persoas colexiadas.

Como colexiado/colexiada, tes a oportunidade de obter distintos beneficios que podes consultar aquí. Aparte desas condicións vantaxosas e por encima de todo, o beneficio maior é o sentimento de grupo que nos une baixo a convicción de que todos sumamos forzas, en igualdade de condicións, para conseguir os nosos ideais profesionais.

Máis información na web do CPEIG.