Feira de Emprego ESEI e EmpregoInCampus: oportunidades e inscricións abertas

O próximo 18 de abril teremos a feira de emprego da ESEI en conxunción coa feira EmpregoInCampus da Uvigo. Será no pavillón polideportivo entre as 10:00 e as 19:00.

Na feira poderedes coñecer de primeira man algunhas das empresas (actualmente 32 apuntadas) que ofrecen emprego, prácticas ou realización de traballos de fin de titulación co noso centro. A feira é recomendable para alumnado de 3º e 4º curso dos graos da ESEI e calquera curso de Máster, así como para titulados dos últimos anos que estean en busca de emprego.

Haberá empresas que terán un posto que se poderá visitar a calquera hora, pero para un gran número (26 empresas) realízanse entrevistas individuais para permitir que o alumnado poida coñecer a empresa, a súa dinámica de traballo e ofertas de emprego, de prácticas e outras iniciativas de forma máis directa. Estes encontros duran sobre 10 ou 15 minutos e requiren de inscrición para que poidamos elaborar unha axenda pechada por persoa.

O formulario para inscrición a entrevistas está dispoñible nesta ligazón con límite o próximo 15 de abril ás 15:15 horas (se houbese empresas cunha excesiva demanda de solicitudes realizarase a asignación por orde de inscrición). Neste formulario elíxense as empresas que se desexa coñecer e sobre dita petición elaborase a axenda definitiva.

A Uvigo pon tamén a disposición un sistema de publicación de Curriculum con QR na web. É opcional a súa presentación e elaboración.