Os seminarios (37 e 38) atópanse na terceira planta do Edificio Politécnico e poden ser empregados unicamente por alumnos matriculados en titulacións da ESEI para estudar, facer traballos en grupo, ensaiar presentacións, preparar probas, etc.

Todos os seminarios contan con unha mesa de reuniòns, enchufes, un proxector e unha pizarra.

Para poder acceder aos mesmos, os estudantes deberán solicitar a chave do seminario na Conserxería do Edificio Politécnico, deixando o seu carné universitario. Só se poderán empregar cando non estean previamente reservados para actividades docentes como aulas ou prácticas das diferentes materias que se imparten nas titulacións da ESEI.

Dentro do Laboratorio de libre acceso, no soto do Edificio Politécnico, existe un seminario adicional permanentemente aberto, que se pode empregar sen solicitude previa en Conserxería.