Acceso vía 30 créditos

Segundo a Normativa de Acceso ós estudos oficiais de Grao, é posible acceder a calquera titulación de grao sempre que se cumpra o seguinte requisito:

  • Que se recoñezan, alomenos, 30 créditos no estudo de grao no que se solicita a admisión

Prazas: 5

Orde de adxudicación (para todos os que cumpran os requisitos de admisión):

  • Nota media do expediente académico, calculada segundo o protocolo do Sistema Universitario Galego de acordo co sistema establecido no RD 1125/2003
  • Maior número de créditos recoñecidos

Recoñecemento de créditos por outras actividades

Segundo o establecido pola normativa da Universidade de Vigo, os estudantes poderán obter recoñecemento académico en créditos pola participación en actividades universitarias culturais, deportivas, de representación estudantil, solidarias e de cooperación, até un máximo de 6 créditos do total do plan de estudos. Estes créditos se detraerán do cómputo de créditos optativos a cursar polo estudante (máis info).

Recoñecemento para titulacións en formación profesional de grao superior

O catálogo de créditos e materias recoñecidas nas titulacións universitarias oficiais de grao para os titulados en formación profesional de grao superior está disponible para a súa consulta na correspondente páxina da Xunta – Validacións ciclos superiores de FP e estudos universitarios