En apoio dos obxectivos fundamentais da nosa institución (ensinanza e investigación) e respectando os principios de liberdade de expresión e privacidade de información, ofréceselle un servizo de correo electrónico aos membros da ESEI.
O acceso a este servizo está condicionado á aceptación da política de utilización do mesmo. A calidade deste servizo depende en gran medida da responsabilidade individual dos usuarios/as.
A conta de correo electrónico é adxudicada a cada estudante cando se matricula por primeira vez nalgunha titulación da ESEI, e é necesaria para poder utilizar os laboratorios docentes e a sala de libre acceso. Se non tes ainda a túa conta, debes dirixirte ao servizo de infraestructura, no sótano (xunto á sala de libre acceso) para solicitala.
O correo electrónico da ESEI é un servizo que presta Google, e ao que se accede dende Gmail. As contas da ESEI teñen a estrutura nome_usuario@esei.uvigo.es e contan con 25Gb de espazo gratuito.
Normativa de uso do correo electrónico
Acceso ao correo electrónico via Google (contas @esei.uvigo.es)