Director: Francisco Javier Rodríguez Martínez

É o responsable último do funcionamento da Escola, aplicar os acordos dos órganos colexiados, executar o orzamento e representar ao Centro tanto dentro da Universidade como ante as institucións e a sociedade en xeral.

Subdirector de Planificación: Pedro Cuesta Morales

É o responsable da planificación, definición, posta en marcha, avaliación e seguimento dos procedementos e procesos da ESEI.

Subdirectora de Organización Académica: Rosalía Laza Fidalgo

É a responsable da organización da docencia na Escola: horarios, calendarios de exames, control docente, control de titorías…

Subdirectora de Calidade: Eva María Lorenzo Iglesias

É a encargada de asegurar o cumprimento do Sistema de Garantía Interno de Calidade.

Secretaria do Centro: Mª Encarnación González Rufino

É a responsable de levantar acta das reunións dos órganos colexiados da Escola, así como de dar fe dos acordos que se toman.