O Consello de Goberno da Universidade de Vigo aprobou na súa sesión do 25/06/2025 o “Regulamento de recoñecemento e transferencia de créditos académicos nas titulacións oficiais de grao e de mestrado da Universidade de Vigo” (ver máis).

Este regulamento ten por obxecto establecer a normativa aplicable ao recoñecemento e á transferencia de créditos nas ensinanzas oficiais de grao e de mestrado universitario na Universidade de Vigo, de acordo co previsto no Real decreto 822/2021, do 28 de setembro, polo que se establece a organización das ensinanzas universitarias e do procedemento de aseguramento da súa calidade.

O número de créditos que sexan obxecto de recoñecemento a partires da experiencia profesional ou laboral e de ensinanzas universitarias non oficiais non poderá ser superior, en conxunto, ao 15 por cento do total de créditos que constitúen o plan de estudos. Non obstante ao anterior, os créditos procedentes de títulos propios poderán, excepcionalmente, ser obxecto de recoñecemento nunha porcentaxe superior á sinalada no párrafo anterior ou, no seu caso, ser obxecto de recoñecementos na súa totalidad (a excepción do TFM) sempre co correspondente título propio haxa sido extinguido e substituido por un título oficial.

As prácticas profesionais poderán ser recoñecidas por experiencia profesional do/a estudante sempre que se acredite un periodo mínimo de 225 horas. A comisión académica será a encargada de avaliar si a experiencia profesional é recoñecible pola asignatura en función das actividades desenvolvidas durante a mesma.

Do mesmo xeito, as prácticas profesionais poderán ser recoñecidas por prácticas extracurriculares, a condición de que o programa formativo destas últimas se axuste ás competencias da materia e o número de horas destas sexa superior a 225. A comisión académica avaliará a adecuación aos criterios das peticións de adaptación.

Recoñecemento de créditos na Mención Dual

De forma xeral, non poderán ser recoñecidos os créditos que compoñen a Mención Dual, a cursar na entidade colaboradora, por actividades laborais o por prácticas académicas externas realizadas previamente, salvo no caso específico de recoñecemento da asignatura de prácticas profesionais (9 ECTS).