O plan de estudos do Máster en Enxeñaría Informática está formado por materias de diferentes tipos:

  • Obrigatorias: 60 ECTS
  • Optativas: 3 itinerarios de 12 ECTS
  • Prácticas profesionais: 9 ECTS
  • Traballo Fin de Máster (TFM): 9 ECTS

Para obter o título de Máster, o estudante deberá superar 90 ECTS (60 obrigatorios, 12 optativos, 9 de prácticas profesionais e 9 do TFM) repartidos en tres cuatrimestres.

Un crédito ECTS equivale a 25 horas de traballo do alumno (que se reparten en actividades presenciais e non presenciais).

Organización dos estudos

O plan de estudos está organizado en módulos, que a súa vez se dividen en asignaturas:

Módulo: Dirección e Xestión (12 ECTS obrigatorios)

Coordinador: Javier Rodeiro Iglesias

Este módulo está formado por dúas asignaturas obrigatorias de 6 ECTS cada unha:

Módulo: Tecnoloxías informáticas (48 ECTS obrigatorios)

CoordinadorJosé Ramón Méndez Reboredo

Este módulo está formado por catro materias obrigatorias con dúas asignaturas de 6 ECTS cada unha:

Materia: Redes e Servizos de Internet

Materia: Enxeñaría do Coñecemento e Sistemas de Información

Materia: Calidade e Seguridade de Sistemas Informáticos

Materia: Tecnoloxías Informáticas Avanzadas

Módulo: Prácticas profesionais (9 ECTS obrigatorios)

Coordinador: Francisco Javier Rodríguez Martínez

Esta materia está composta por unha asignatura obrigatoria de prácticas en empresa de 9 ECTS.

Materia: Traballo Fin de Máster (9 ECTS obrigatorios)

CoordinadorFrancisco Javier Rodríguez Martínez

Esta materia está composta por unha asignatura obrigatoria de 9 ECTS, o Traballo Fin de Máster.

Organización das especialidades

Establécense tres especialidades que achegan ao currículo do alumno non só un elevado atractivo fronte aos empleadores, senón que desenvolven un conxunto de competencias técnicas e transversais que lle permiten avanzar, ao longo da súa vida laboral, cara a postos de responsabilidade e toma de decisións.
Para saber máis sobre as especialidades, pincha aquí.