A garantía de calidade pode describirse coma a atención sistemática, estruturada e continua á calidade en termos do seu mantemento e mellora. No marco das políticas e procesos formativos que se desenvolven nas universidades, a garantía da calidade debe permitir a estas institucións promover a mellora continua da calidade dos seus programas e títulos, e que se comprometan a pór en marcha os medios que aseguren e amosen esa calidade.

O obxectivo básico do Sistema de Garantía Interno de Calidade (SGIC) da ESEI é garantir a calidade de tódalas titulacións adscritas á mesma, revisando e mellorando sempre que se considere necesario os seus programas formativos, baseados nas necesidades e expectativas dos grupos de interese, aos que se terá puntualmente informados, e mantendo permanentemente actualizado o propio SGIC.

O SGIC da ESEI deseñouse coa colaboración da Área de Apoio á Docencia e Calidade da Universidade de Vigo, e foi adaptado pola Comisión de Garantía de Calidade á Escola, atendendo as súas diferentes particularidades, garantindo o cumprimento dos requisitos contidos na proposta de acreditación elaborada pola ANECA.

O documento básico do SGIC implantado na ESEI é o Manual do Sistema de Garantía Interna de Calidade, dado que nel defínense as características xerais do sistema, os requisitos que atende, o seu alcance e as referencias á documentación xenérica da que se parte ou aos procedementos que o desenvolven.

En abril de 2010, a Axencia para a Avaliación da Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), avaliou positivamente o noso SGIC (ver Informe). Conforme ás directrices do Programa FIDES-AUDIT, expediu o correspondente certificado.

No curso 2013/14 o Centro solicitou a certificación da implantación do SGIC, tal como establece o Programa Audit. En maio de 2014 recibimos a visita dun equipo auditor da ACSUG, quen constatou a correcta e axeitada implantación da maior parte dos procedementos, que o SGIC cumple coas directrices do Programa FIDES-AUDIT e que o seu funcionamento está orientado á mellora continua da formación que ofrece a os seus estudantes (ver Informe inicial e Informe final de certificación).

No curso 2020/21 levouse a cabo a renovación do certificado, onde se constatou de novo a correcta implantación do SGIC no Centro, recibindo unha valoración favorable por parte do equipo auditor (ver Informe final de certificación).

O máximo responsable do SGIC na ESEI é o seu director.

Máis información: Programas de Calidade