Os procedementos de transferencia e recoñecemento de créditos articularanse conforme ao establecido no RD 1393/2007, modificado por el Real Decreto 861/2010, e a Normativa de Transferencia e Recoñecemento de Créditos para Titulacións Adaptadas ao EEES da Universidade de Vigo, aprobada polo Consello de Goberno o 23 de xullo de 2008 (ver máis).

Segundo o establecido na normativa en vigor, o recoñecemento de créditos no máster deberá respectar as seguintes regras:

  • Serán competencias recoñecibles por materias, módulos e complementos formativos do programa dos estudos de máster, calquera estudo universitario, perfil académico ou profesional coincidentes coas competencias e coñecementos que se impartan no máster así determinado mediante a correspondente resolución reitoral, de conformidade cos órganos académicos destes estudos.
  • Os módulos, materias e complementos de formación recoñecidos por resolución reitoral consideraranse superados para todos os efectos e figurarán no expediente do alumnado.
  • Só se poderán recoñecer estudos correspondentes aos segundos ciclos de ensinos conducentes a titulacións de Licenciado, Enxeñeiro e Arquitecto.
  • O número de créditos que poderá ser recoñecido a partir da experiencia profesional ou laboral e de estudios universitarios non oficiales, non superará o 15 por cento do total dos créditos que constitúan o plan de estudios (incluindo o Traballo Fin de Máster), coas excepcións que se establecen no Real Decreto 1393/2007. O recoñecemento non incorporará cualificación polo que non computará a efectos de baremo do expediente.
  • En ningún caso serán obxecto de recoñecemento os créditos correspondientes ao Traballo Fin de Máster.

Con carácter xeral, o procedemento para o recoñecemento de créditos iniciarase a petición da persoa interesada, quen presentará unha solicitude na secretaría de alumnado do centro de adscrición da titulación, dirixida á Comisión Académica do Master, dentro dos prazos previstos ao efecto. O recoñecemento tamén se poderá realizar de oficio pola administración naqueles supostos aos que se refire o artigo 4.3: A Universidade poderá recoñecer directamente, ou mediante convenios, titulacións estranxeiras que dean acceso a titulacións oficiais da Universidade de Vigo, ou establecer neses convenios o recoñecemento parcial de estudos estranxeiros. A Universidade de Vigo difundirá de forma adecuada eses convenios.

A unidade de recoñecemento e transferencia serán os créditos, que integran materias, materias ou módulos completos. No expediente do estudante aparecerán como créditos recoñecidos ou transferidos.
A transferencia de créditos supón que, nos documentos académicos oficiais acreditativos dos ensinos seguidos por cada estudante, incluiranse a totalidade dos créditos obtidos en ensinos oficiais cursadas con anterioridade noutra universidade e que non conducisen á obtención dun título oficial.
Todos os créditos que obteña o estudante en ensinos oficiais cursados en calquera universidade: os que supere para a obtención do correspondente título, os recoñecidos e os transferidos, serán incluídos no seu expediente académico e reflectidos no Suplemento Europeo ao Título.

Os criterios xerais de recoñecemento de créditos son aqueles que fixe o Goberno de cada universidade. As universidades, mediante a normativa de aplicación e as resolucións reitorais que a desenvolvan, establecerán o sistema para o recoñecemento destes créditos.

A Comisión Académica da titulación establecerá as equivalencias entre estudos superados noutras universidades e os que poidan ser recoñecidos no plan de estudos. Así mesmo, poderá establecer táboas de equivalencia especificando os créditos que se recoñecen.

Non se contempla o recoñecemento de créditos cursados no ámbito da educación superior non universitaria nin en títulos propios.

A experiencia laboral e profesional acreditada poderá ser tamén recoñecida en forma de créditos, sempre que confiran, polo menos, o 75% das competencias das materias polas que se quere obter recoñecemento de créditos. A Comisión Académica determinará o período mínimo de tempo acreditado de experiencia laboral ou profesional requirido para obter o recoñecemento de créditos solicitado, pero en ningún caso poderá ser inferior a 6 meses. A Comisión Académica valorará e aprobará, se é o caso, as solicitudes de recoñecemento de créditos, previo informe do profesorado que imparte as materias e á vista da documentación que presenten os solicitantes que, como mínimo, ha de ser: copia da vida laboral ou contrato laboral e certificado da empresa onde consten as funcións e tarefas que realiza ou realizou no posto de traballo. O número de créditos que poden ser obxecto de recoñecemento a partir de experiencia profesional ou laboral non poderá ser superior ao 15% dos créditos totais do título.

A universidade dará validez, mediante o acto de recoñecemento, a que o estudante ten acreditadas competencias da titulación e o cumprimento de parte dos obxectivos da mesma nos termos definidos no EEES.

Para estes efectos os centros establecerán táboas de equivalencia entre estudos cursados noutras universidades e aqueles que lle poderán ser recoñecidos no plan de estudos da propia universidade. Nesta táboa especificaranse os créditos que se recoñecen e, de ser o caso, as materias, as materias ou os módulos equivalentes. Igualmente estableceranse táboas de equivalencia entre titulacións correspondentes á ordenación de ensinos anteriores ao R.D. 1393/2007.

As universidades poderán declarar equivalentes directamente ou mediante convenios, titulacións estranxeiras que dean acceso a titulacións oficiais de cada universidade ou establecer neses convenios o recoñecemento en parte de estudos estranxeiros. A universidade dará adecuada difusión a estes convenios.

Ao estudante comunicaránselle os créditos recoñecidos e as materias ou materias ás que correspondan, no seu caso, así como o número de créditos necesarios e as materias ou materias que lle restan para a obtención do título.

O recoñecemento iniciarase por instancia de parte, salvo o previsto na normativa de aplicación, no centro no que o estudante vai iniciar ou continuar os estudos que pretende recoñecer créditos, mediante presentación dunha instancia dirixida ao director do centro.

En canto á transferencia de créditos, todos os créditos obtidos en ensinos oficiais cursadas nalgunha das universidades participantes ou noutra universidade do EEES serán obxecto de incorporación ao expediente do estudante, tras a petición do mesmo á dirección do centro. A solicitude resolverase de acordo co establecido na normativa vixente de cada universidade.