A ESEI é un centro preocupado polas políticas de igualdade. Desde setembro de 2014, un representante do equipo directivo asume as funcións de enlace de igualdade, como unha das medidas contempladas no I Plan de igualdade entre mulleres e homes da Universidade de Vigo 2012/14 aprobado no Consello de Goberno do 12/11/2012, e a creación deste cargo foi valorada moi positivamente no II Plan de Igualdade entre mulleres e homes da Universidade de Vigo 2016/19.

Actualmente a Secretaria do Centro, María Encarnación González Rufino, exerce como enlace de igualdade, e ten asignadas as funcións de dinamización e implantación das políticas de igualdade, para contribuír á aplicación e seguimento das medidas propostas no Plan cara á consecución dunha situación máis equilibrada das mulleres e dos homes na institución, e está en contacto permanente coa Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo.

A ESEI participa en numerosas actividades tanto propias, como conxuntas con outros centros, como desenvolvidas coa Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo. Como por exemplo: