O laboratorio de libre acceso está situado no Soto do Edificio Politécnico, ao final do corredor nos que se atopan os laboratorios de docencia da ESEI.

Poden acceder unicamente os alumnos matriculados en calquera titulación da ESEI. Para poder utilizar os computadores é preciso ter unha conta de acceso que se facilitará aos alumnos o día da presentación do curso. Os estudantes que se matriculen posteriormente ou non asistan á presentación deberán pasar polo Servizo de Infraestrutura (está anexo ao laboratorio de libre acceso) coa folla de matrícula e o seu DNI.

Esta conta é para o uso persoal e intransferible do estudante, que será responsable do seu bo uso. Está totalmente prohibido facilitar os datos de acceso a outras persoas.

O uso indebido da conta de acceso pode implicar o bloqueo da conta e, polo tanto, do acceso aos laboratorios.

Horario de apertura: de 9:00 a 21:00, de luns a venres (nos períodos non lectivos poderá haber un horario diferente).