Titulación vinculada ao exercicio da profesión de Enxeñeiro/a Técnico/a en Informática, de 240 ECTS repartidos en catro cursos, incluido o Traballo Fin de Grao. O titulado é un profesional cunha completa formación científica, tecnolóxica e socioeconómica, que o prepara para o exercicio profesional no desenvolvemento e aplicación das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) no ámbito da Informática.

Coordinadora: Eva María Lorenzo Iglesias

Linguas de impartición: Castelán, galego

  • Data de verificación do título: 22/06/2009
  • Data de aprobación polo Consello de Ministros: 30/10/2009
  • Data de autorización da implantación pola Xunta de Galicia: 27/08/2009
  • Data de inscripción no RUCT: 05/01/2010
  • Data de publicación no BOE: 01/11/2010 (derradeira modificación DOGA (04/09/2020) BOE (28/09/2020))
  • Curso de Implantación: 2009-2010

Profesións para as que capacita o título: Enxeñeiro/a Técnico/a.

Nota: A profesión non conta con atribucións profesionales, pero sí existe un marco legal de referencia sobre a profesión (Resolución de 8 de junio de 2009, de la Secretaría General de Universidades, por la que se da publicidad al Acuerdo del Consejo de Universidades, por el que se establecen recomendaciones para la propuesta por las universidades de memorias de solicitud de títulos oficiales en los ámbitos de la Ingeniería Informática, Ingeniería Técnica Informática e Ingeniería Química- BOE 4/8/2008).

Este título obtivo o Selo de Calidade Euro-Inf en xuño de 2019.