O Máster Universitario en Enxeñaría Informática pola Universidade de Vigo ten como obxectivo primordial a preparación de profesionais altamente cualificados, capaces de planificar, deseñar, dirixir, coordinar e xestionar proxectos, produtos, procesos e instalacións en todos os ámbitos da Enxeñaría Informática.
Este Máster ten unha carga docente de 90 ECTS, impártese durante tres cuadrimestres (un curso e medio), e ten tres orientacións ou intensificaciones cun elevado nivel de empleabilidade na contorna socioeconómica galega e española:
- Investigación en Enxeñaría Informática.
- Seguridade Informática en Sistemas e Redes.
- Desenvolvemento de Grandes Sistemas Software.
Coordinadora: Alma Gómez Rodríguez
Linguas de impartición: Castelán, galego
- Data de verificación do título: 16/12/2011
- Data de aprobación polo Consello de Ministros: 08/03/2013
- Data de autorización da implantación pola Xunta de Galicia: 08/11/2012
- Data de inscripción no RUCT: 08/03/2013
- Data de publicación no BOE: 23/04/2013
- Curso de Implantación: 2012-2013
Profesións para as que capacita o título: Enxeñeiro/a Informático/a
Nota: A profesión non conta con atribucións profesionales, pero sí existe un marco legal de referencia sobre a profesión (Resolución de 8 de junio de 2009, de la Secretaría General de Universidades, por la que se da publicidad al Acuerdo del Consejo de Universidades, por el que se establecen recomendaciones para la propuesta por las universidades de memorias de solicitud de títulos oficiales en los ámbitos de la Ingeniería Informática, Ingeniería Técnica Informática e Ingeniería Química- BOE 4/8/2008).