A ESEI, atendendo á seguridade sanitaria da Comunidade Universitaria e seguindo as recomendacións do Ministerio de Sanidad, Ministerio de Universidades, Consellería de Sanidade e Secretaria Xeral de Universidades, establece un Plan de prevención e control sanitario da ESEI fronte á COVID-19, que ten por obxecto dar a coñecer a información técnica e operativa sobre as medidas de prevención e hixiene fronte ao SARS-Cov-2, durante a actividade docente e investigadora no curso 2020-2021 (Anexo: modificación para o curso 2021-2022).
Este plan axústase ao Protocolo de actuación ante posibles casos de COVID-19 na Universidade de Vigo.
Responsables na ESEI: Francisco Javier Rodríguez Martínez e Pedro Cuesta Morales
Dirección de contacto: politecnico.covid19@uvigo.es
Por favor, atende as seguintes indicacións:
Principios básicos para a prevención da transmisión:
- Lava as mans frecuentemente con auga e xabón durante un mínimo de 40 segundos
- No caso de tusir e/ou esbirrar, tapate cun pano de papel e tírao tras o seu uso. Se non tes pano, utiliza a parte interna do cóbado.
- Evita tocar o nariz, a boca e os ollos.
- O uso da máscara é obrigatorio.
Se presentas síntomas estando na ESEI:
- Contacta coa dirección do centro
- Se podes, abandona as instalacións para realizar illamento domiciliario.
- Se non te atopas ben, permanece na Sala de Xuntas (planta baixa) ata que alguén poida recollerte.
- É importante que coñezas cal é o teu médico e o centro de cobertura sanitaria.
Acceso e desprazamentos polo centro:
- Existen portas de entrada e de saída independentes para evitar cruces de persoas
- Nos corredores e escaleiras están sinalizados os sentidos de circulación. Se non fose así, circula sempre pola dereita.
- Non se deben manter conversacións nos corredores ou nas zonas de tránsito.
- Mantén, en todo momento, a distancia interpersoal de 1,5 metros
Espazos de traballo:
- As bancadas que se poden utilizar aparecen sinalizadas.
- Se o nº de persoas que se pode incorporar na aula é menor ó nº de matriculados, disporase de docencia mixta.
- Os cambios de grupo só se poderán levar a cabo se 1) se mantén igualmente o Aforo COVID, 2) se intercambian estudantes ou 3) por situacións excepcionais, previa solicitude á dirección do centro.
- Na aula están dispoñibles papeis e desinfectantes para que poidas desinfectar o teu posto de traballo.
- No posible, emprega o teu ordenador portátil. No seu defecto, se fas uso dos equipos informáticos do centro, trae o teu propio teclado e rato.
- Cando salgas dalgún espazo no Edificio, abre as ventás.
A ESEI dispón dun Plan de Autoprotección. O documento establece o marco orgánico e funcional dispoñible no Edificio Politécnico, co obxecto de previr e controlar os riscos sobre as persoas e os bens así como para dar resposta axeitada ás situacións de emerxencia na mesma e garantir a integración co sistema público de Protección Civil.
O Plan de Autoprotección aborda a identificación e avaliación de riscos así como as medidas de protección e outras actuacións a adoptar en caso de emerxencia.
Neste tríptico amósase un pequeno resumo do que facer en caso de emerxencia:
No Servizo de Prevención de Riscos Laborais da Universidade de Vigo pódese encontrar máis información. O Servizo de Prevención de Riscos Laborais creouse co fin de velar pola seguridade e saúde de todas as persoas que traballan nas instalacións da Universidade de Vigo. Entre as accións que leva a cabo poden mencionarse a planificación de diferentes actividades de prevención, labores de formación e información en materia de seguridade e saúde, a realización de inspeccións de seguridade ou a colaboración nos programas de axuda a fumadores no ámbito laboral.