Despedimos o ano coas primeiras charlas do novo programa ESEI Grado 2

Baixo o nome “ESEI Grado 2” retomamos a organización de eventos complementarios dirixidos ao alumnado dos nosos graos. A través de charlas, cursos, workshops, etc., profesionais e profesores achegarán ao alumnado a novas temáticas e permitiranlles coñecer de primeira man o mercado laboral.

As dúas primeiras charlas tiveron lugar o mércores 13 de decembro. Ás 17:00 horas, Brais Fontán Costas falou  sobre “ML e IA en el sector del automóvil”. Tras unha pausa para o café, Antonio Antonio Adrián González Predouzo falou sobre “El uso de modelos de inteligencia artificial para la resolución de problemas complejos”.

A seguinte charla tivo lugar o xoves 21 de decembro de 2023, cando tivemos connosco a César Gabriel Márquez Rodríguez para falar sobre “Cloud Horizon: Diseñando el mañana”.

A próxima charla do ESEI Grado 2 será na semana do 5 de febreiro, permanecede atent@s!