As titulacións da ESEI inclúen prácticas en empresas como complemento dos estudos. Segundo a titulación que esteas a cursar, a realización de prácticas terá características e consecuencias diferentes:

Independentemente do tipo de prácticas que se oferten, é necesario dispoñer dun convenio de colaboración en vigor, de cuxa tramitación encárgase a  Fundación Universidade de Vigo (FUVI).

Prácticas curriculares

Xestionadas directamente pola ESEI, son prácticas que están incluídas no plano de estudos do alumnado (ben optativas como no Grao en Enxeñaría Informática, ou obrigatorias nas restantes titulacións). Realízanse obrigatoriamente durante o curso académico, pois teñen o carácter administrativo de calquera outra materia.

As empresas interesadas en ofertar prácticas curriculares enviarán as súas propostas nos prazos establecidos pola ESEI. Por suposto, se coñeces algunha empresa na que che interese realizar as prácticas só tés que poñerte en contacto co coordinador de prácticas do centro.

OFERTA PRÁCTICAS CURSO 2026-2027

Dentro do plan de melloras da ESEI reestructuraronse as convocatorias de prácticas en empresas para axeitalas temporalmente o cuatrimestre correspondente. Con data de 19 de decembro de 2025 aprobouse unha nova normativa.

Convocatoria Practicas Curriculares 1 Cuadrimestre 2026 – 2027 (en pdf)

Convocatoria Practicas Curriculares 2 Cuadrimestre 2025 – 2026 (Curso Anterior)

 

Contacto:

Pedro Celard Pérez
Lorena Otero Cerdeira
Francisco Javier Rodríguez Martínez

Email: emprego@esei.uvigo.es
Tel: (34) 988 387 022

Prácticas extracurriculares

Xestionadas pola FUVI. Son máis flexibles para a empresa e o/a estudante, pois entre outras cuestións pódense convocar e cursar en calquera momento, a empresa pode seleccionar ó/á alumno/a entre as persoas solicitantes, e poden realizarse fóra do curso académico. Segundo a normativa da Universidade, estas prácticas deben ser remuneradas se superan as 240 horas, e non poden durar máis de 6 meses.

Contacto:

Sandra Morales Lloves
Fundación Universidade de Vigo
Edificio Administrativo, Campus As Lagoas s/n
32004 Ourense

Email: practicasou@fundacionuvigo.es
Tel: (34) 988 368 898