O plan de estudos do Máster en Enxeñaría Informática está formado por materias de diferentes tipos:
- Obrigatorias: 60 ECTS
- Optativas: 3 itinerarios de 12 ECTS
- Prácticas profesionais: 9 ECTS
- Traballo Fin de Máster (TFM): 9 ECTS
Para obter o título de Máster, o estudante deberá superar 90 ECTS (60 obrigatorios, 12 optativos, 9 de prácticas profesionais e 9 do TFM) repartidos en tres cuatrimestres.
Un crédito ECTS equivale a 25 horas de traballo do alumno (que se reparten en actividades presenciais e non presenciais).
Organización dos estudos
O plan de estudos está organizado en módulos, que a súa vez se dividen en asignaturas:
Módulo: Dirección e Xestión (12 ECTS obrigatorios)
Coordinador: Rodeiro Iglesias, Javier
Este módulo está formado por dúas asignaturas obrigatorias de 6 ECTS cada unha:
Módulo: Tecnoloxías informáticas (48 ECTS obrigatorios)
Este módulo está formado por catro materias obrigatorias con dúas asignaturas de 6 ECTS cada unha:
Materia: Redes e Servizos de Internet
Coordinador: Gómez Meire, Silvana
Materia: Enxeñaría do Coñecemento e Sistemas de Información
Coordinadora: García Lourenço, Analia María
Materia: Calidade e Seguridade de Sistemas Informáticos
Coordinador: Gómez Meire, Silvana
Materia: Tecnoloxías Informáticas Avanzadas
Coordinadora: García Lourenço, Analia María
Módulo: Prácticas profesionais (9 ECTS obrigatorios)
Coordinador: Rodríguez Martínez, Francisco Javier
Esta materia está composta por unha asignatura obrigatoria de prácticas en empresa de 9 ECTS.
Materia: Traballo Fin de Máster (9 ECTS obrigatorios)
Coordinador: Laza Fidalgo, Rosalía
Esta materia está composta por unha asignatura obrigatoria de 9 ECTS, o Traballo Fin de Máster.
Organización das especialidades
Establécense tres especialidades que achegan ao currículo do alumno non só un elevado atractivo fronte aos empleadores, senón que desenvolven un conxunto de competencias técnicas e transversais que lle permiten avanzar, ao longo da súa vida laboral, cara a postos de responsabilidade e toma de decisións.
Para saber máis sobre as especialidades, pincha aquí.
