O venres 19, de xuño en colaboración coa Fundación Empresa Universidad Gallega (FEUGA), a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo e a Escola Superior de Enxeñería Informática do Campus de Ourense teremos a oportunidade de coñecer da man do enxeñeiro da NASA, Carlos García-Galán, o novo programa Artemis. A conferencia será as 12:00h no salón Emilia Pardo Bazán do edificio de Facultades (edificio de Ferro).
Carlos García-Galán é o director do programa Base Lunar da NASA, ao que achega os seus máis de 27 anos de experiencia en voos espaciais tripulados. Neste cargo, apoia a xestión xeral e o desenvolvemento da iniciativa Base Lunar da NASA, un elemento clave da campaña Artemis que permitirá a exploración lunar sostible e sentará as bases para misións a Marte. Esta interesante conferencia pretende dar a coñecer a exploración espacial e os beneficios que achega á humanidade.
Unha oportunidade única para todo aquel que lle interese o espazo, de coñecer desde dentro como se prepara a exploración lunar e as futuras misións a Marte. Por motivos de aforo é preciso facer a inscrición online antes do martes 16 de xuño ás 14:00h empregando este formulario. As persoas que se apunten individualmente deben inscribirse coma estudante.
