O pasado venres 24 de abril de 2026 celebrouse na ESEI a fase rexional da XII edición do concurso universitario AdaByron, organizada conxuntamente coa Facultade de Informática da UDC e a Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC.
Este concurso busca os mellores equipos universitarios de programación competitiva de España e esta fase rexional ten como obxectivo seleccionar os mellores clasificados para a final nacional, que se celebrará os días 3 e 4 de xullo de 2026 na Facultade de Informática da Universidade Complutense de Madrid. A competición establece tres categorías: A para alumnado de primeiro curso, B para alumnado de segundo curso, e C para alumnado de terceiro e cuarto. Nesta fase rexional participaron 27 equipos en Galicia que, durante as catro horas de concurso, enfrontáronse a 11 problemas de diferente dificultade.

Cómpre salientar especialmente que os equipos gañadores das categorías B e C a nivel galego pertencen á ESEI. Na categoría C, o equipo Riemann Haters 3.0, formado por José Antonio Ferro González, Alberto Miranda Santos e Álvaro Fernández Carrillo, acadou a primeira posición.Pola súa banda, na categoría B, o equipo RAM Consumers, integrado por Gabriel Fontán Rodiño, Gabriel González González e Iker Chouza Pose, tamén se fixo coa vitoria.

Parabéns a todos os equipos participantes e, en particular, aos gañadores polo seu excelente resultado!
