O PCEO GrIAEI permite simultanear os estudos de Grao en Intelixencia Artificial e Grao en Enxeñaría Informática. O seu obxectivo principal é formar profesionais altamente cualificados que dominen tanto os fundamentos da informática como as tecnoloxías emerxentes de intelixencia artificial. Este programa integral permite aos estudantes obter unha comprensión profunda do deseño e desenvolvemento de sistemas informáticos complexos, á vez que adquiren habilidades avanzadas en aprendizaxe automática, procesamento da linguaxe natural e toma de decisións automatizada.

Á vista da gran demanda existente nestes ámbitos, e tendo como obxectivo principal ofrecer alternativas de formación que melloren a oferta dispoñible, a Escola Superior de Enxeñería Informática fai posible cursar de forma simultánea ambos estudos no campus de Ourense, podendo, coa ilusión, o esforzo e o bo facer dos propios estudantes, así coma do persoal docente, acadar a formación necesaria e os títulos que o acreditan en tan só 5 anos.

Coordinadora: Eva María Lorenzo Iglesias

Nº prazas novo ingreso para o curso 2025/26: 10

Linguas de impartición: Castelán, galego

PLAN ESTUDOS 2025-2026

Interese formativo

A combinación de ambos títulos responde á crecente demanda de perfís técnicos cunha perspectiva transversal e especializada. O programa está deseñado para proporcionar unha base sólida en enxeñaría de software, arquitectura de computadores, redes e sistemas distribuídos, xunto cunha preparación específica para aplicar modelos intelixentes a problemas do mundo real en sectores como a saúde, a industria, a ciberseguridade e a robótica. En definitiva, o programa busca capacitar aos estudantes para liderar a transformación tecnolóxica desde unha perspectiva innovadora e estratéxica.

Por que cursar un doble grao?

A realización deste dobre grao permite

  • Dous títulos oficiais (Graduado/a en Intelixencia Artificial e Graduado/a en Enxeñería Informática) en tan só cinco anos

  • Alta empregabilidade e versatilidade profesional

  • Formación punteira con docentes expertos

  • Acceso a prácticas en empresas líderes do sector

A quen se dirixe

O dobre grao Intelixencia Artificial – Enxeñería Informática oriéntase a persoas interesadas na tecnoloxía, a programación e a resolución de problemas complexos, que tamén teñan curiosidade por comprender e desenvolver sistemas intelixentes capaces de aprender, razoar e adaptarse. É ideal para estudantes cunha base sólida en matemáticas, lóxica e pensamento abstracto que desexen adquirir unha formación integral e distintiva en dúas áreas clave da transformación dixital. O programa busca un perfil analítico, creativo e con visión de futuro, motivado polos desafíos tecnolóxicos e con aspiracións a traballar en contornas innovadoras e multidisciplinares.

Saídas laborais

As saídas profesionais que ofrece a simultaneidade dos graos de Intelixencia Artificial e de Enxeñaría Informática son, entre outras:

  • Enxeñeiro/a de intelixencia artificial.
  • Arquitecto/a de computación na nube.
  • Desarrollador/a de solucións para o procesamento de linguaxe natural.
  • Deseñador/a e desarrollador/a de solucións informáticas
  • Enxeñeiro/a de proxectos.
  • Desarrollador/a de software e aplicacións.
  • Investigación e desenvolvemento no ámbito da computación, os datos e intelixencia artificial aplicada.
  • Consultor/a de proxectos de automatización intelixente.