Charla sobre representación estudantil

Desde o PAT-ANEAE da ESEI animámosvos a participar nesta charla sobre representación estudantil. É unha oportunidade para coñecer como funciona a vosa escola desde dentro, que decisións afectan ao alumnado e de que maneira se poden defender os vosos intereses e propoñer melloras. Ademais, permite descubrir os recursos, dereitos e canles de participación dispoñibles, favorecendo unha experiencia universitaria máis activa, informada e enriquecedora.