Méndez Reboredo, José Ramón

Tipo: Contratado Doutor
Departamento:
Área: Linguaxes e Sistemas Informáticos
Dedicación: Completa
Asignaturas:

Grao en Enxeñaría Informática

Máster Universitario en Enxeñaría Informática

Experiencia docente: Docente a tempo parcial na Universidade de Vigo no periodo 2004-2010 e a tempo completo dende o ano 2010, o profesor conta con 2 quinquenios recoñecidos, tendo dirixido Proxectos Fin de Carreira (49), Traballos Fin de Mestrado (10), Traballos Fin de Grao (13) e Traballos Académicamente Dirixidos (1) e Becas de Colaboración co Departamento de Informática. Participou en 7 estancias de mobilidade ERASMUS, e é autor de 4 libros e 3 capítulos de libro, 1 artigo en revista nacional e 4 en congresos nacionais, todas elas de ámbito docente.
Experiencia investigadora: Membro do grupo de investigación Sistemas Informáticos de Nova Xeración (SING, http://sing-group.org), José Ramón Méndez conta con 2 sexenios de investigación recoñexidos pola CNAI (períodos [2004-2010] e [2011-2016]), tendo dirixido un total de 3 teses de doutoramento (1 delas con mención Doutor Europeus). Segundo SCOPUS (con data 10/10/2019) os 50 traballos científicos publicados polo profesor José Ramón Méndez, que alcanza un índice h de 11, foron obxecto dun total de 449 citas procedentes de 295 publicacións distintas. Deses traballos, 165 foron publicados en revistas JCR.
Experiencia profesional: Traballou en empresas, como freelance e na administración pública galega desenvolvendo tarefas de informática. As tarefas principalmente desenvolvidas teñen que ver fundamentalmente coa administración e configuración de sistemas informáticos e redes de computadores. Estas actividades alleas á Universidade de Vigo representan máis de cinco anos e medio da súa vida laboral.

Datos de contacto

Despacho: 408
Teléfono: 988387015
Correo electrónico: moncho.mendez@uvigo.es
Titorías 1C:

Mércores: 09:00-15:00

Titorías 2C:

Xoves: 09:00-15:00

Titorías Outros Períodos:

Mércores: 9:00-15:00