Matemáticas: Cálculo e análise numérico

Código: G460102
Acrónimo: CAN
Nome: Matemáticas: Cálculo e análise numérico
Centro: E. S. de Enxeñaría Informática
Titulación: Grao en Intelixencia Artificial
Curso: 1º Curso
Período: Primeiro cuadrimestre
Tipo: Formación Básica
Créditos: 6
Resultados de aprendizaxe:

Coñecer os fundamentos básicos de matemáticas nas que se sustentarán o resto das materias do grao.

Saber identificar, modelizar e resolver problemas propios do cálculo diferencial e integral.

Adquirir a base conceptual dos instrumentos matemáticos que son o esqueleto dos métodos de análise e modelización da intelixencia artificial.

Dominar os conceptos de función de varias variables reais, gradiente dunha función e aproximación de funcións e a súa aplicación a problemas reais.

Departamento:
Profesor responsable:
Guía docente: Enlace a DocNet