García Pérez-Schofield, Baltasar

Tipo: Titular de Universidade
Departamento:
Área: Linguaxes e Sistemas Informáticos
Dedicación: Completa
Experiencia docente: Especializado en programación, imparteu ou imparte as seguintes asignaturas: Sistemas expertos de xestión, Metodoloxía e tecnoloxía da programación, Laboratorio de programación, Tecnoloxía de obxectos, Programación I, Linguaxes de programación, Programación II, Desenvolvemento e integración de aplicacións e Aplicacións con linguaxes de script.
Experiencia investigadora: Os seus intereses de investigación foron sempre a persistencia, máquinas virtuais, sistemas de tipos e compiladores de linguaxes de programación, así como a aplicación destes conceptos para a mellora da docencia. En 2002 recibe o seu título de Doutor en Enxeñaría Informática sobre persistencia obxectual para un compilador cun entorno de programación interactivo ofrecendo C++ como linguaxe de programación. A partir de 2003 comeza a aplicar o seu propio sistema de programación orientado a obxectos e baseado en prototipos Zero á docencia, obtendo bastante éxito que se traduciu en varias publicacións. Na actualidade, o seu interese centrase nas linguaxes de programación e os seus sistemas de tipos, permitindo a mezcla de ambos mundos: o das linguaxes de sistemas de tipos estáticos, e as vantaxes dos de sistemas de tipos dinámicos.

Datos de contacto

Despacho: 307
Teléfono: 988368891
Correo electrónico: jbgarcia@uvigo.es
Titorías 1C:

Luns: 10:30-13:30
Xoves: 10:30-13:30

Titorías 2C:

Luns: 10:30-13:30
Xoves: 10:30-13:30

Titorías Outros Períodos:

Luns: 10:30-13:30
Xoves: 10:30-13:30