Informática: Programación I

Código: G460103
Acrónimo: PRO I
Nome: Informática: Programación I
Centro: E. S. de Enxeñaría Informática
Titulación: Grao en Intelixencia Artificial
Curso: 1º Curso
Período: Primeiro cuadrimestre
Tipo: Formación Básica
Créditos: 6
Resultados de aprendizaxe:

Levar a cabo o proceso que permite, dende a abstracción, implementar código de alta calidade.

Aplicar programación modular para resolver problemas específicos no ámbito de IA.

Comprender a sintaxe e semántica da linguaxe de programación.

Adquirir competencias para resolver problemas de forma metodolóxica e práctica.

Identificar e ter a capacidade para seleccionar nunha contorna práctica as principais librarías no campo de IA e Ciencia de Datos.

Analizar as alternativas para afrontar un problema e identificar que aspectos poden abordarse con IA e cales non.

Manexar técnicas e ferramentas de proba para asegurar a calidade dos resultados.

Departamento:
Profesor responsable:
Guía docente: Enlace a DocNet