Méndez Reboredo, José Ramón
Tipo:
Catedrático de Universidade
Departamento:
Área:
Linguaxes e Sistemas Informáticos
Dedicación:
Completa
Asignaturas:
Máster Universitario en Enxeñaría Informática
Grao en Intelixencia Artificial
Experiencia docente:
Docente a tempo parcial na Universidade de Vigo no periodo 2004-2010 e a tempo completo dende o ano 2010, o profesor conta con 2 quinquenios recoñecidos, tendo dirixido Proxectos Fin de Carreira (49), Traballos Fin de Mestrado (10), Traballos Fin de Grao (13) e Traballos Académicamente Dirixidos (1) e Becas de Colaboración co Departamento de Informática. Participou en 7 estancias de mobilidade ERASMUS, e é autor de 4 libros e 3 capítulos de libro, 1 artigo en revista nacional e 4 en congresos nacionais, todas elas de ámbito docente.
Experiencia investigadora:
Membro do grupo de investigación Sistemas Informáticos de Nova Xeración (SING, http://singgroup. org ), José Ramón Méndez conta con 2 sexenios de investigación recoñexidos pola CNAI (períodos [2004-2010] e [2011-2016]) e un de transferencia ([2005-2011]), tendo dirixido un total de 3 teses de doutoramento (1 delas con mención Doutor Europeus). Segundo SCOPUS (con data 10/10/2019) os 60 traballos científicos publicados polo profesor José Ramón Méndez (35 deles en revistas indexadas no JCR), que alcanza un índice h de 15, foron obxecto dun total de 700 citas procedentes de 473 publicacións distintas.
Experiencia profesional:
Traballou tanto en empresas, como freelance e na administración pública galega desenvolvendo tarefas de informática. As tarefas principalmente desenvolvidas teñen que ver fundamentalmente coa administración e configuración de sistemas informáticos e redes de computadores. Estas actividades alleas á Universidade de Vigo representan máis de cinco anos e medio da súa vida laboral.
Datos de contacto
Despacho:
408
Despacho virtual:
https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/853477752
Teléfono:
988387015
Correo electrónico:
moncho.mendez@uvigo.gal