O próximo día 7 de abril ás 18:00 terá lugar, na aula B00, a presentación das bolsas ANFAIA 2026. Nesta segunda convocatoria do programa de bolsas, porase o foco en sistemas baseados en axentes, colaboración entre modelos e novas formas de interacción coa IA. A convocatoria estará aberta ata o día 20 de abril e poderánse presentar a mesma persoas maiores de 16 anos, estudantes, graduados, postgraduados, xovenes profesionais e profesional experimentado. As candidaturas seleccionadas obterán unha dotación económica de ata 5000€ brutos.
A Asociación ANFAIA, Asociación Nacional Faro para a Aceleración da Intelixencia Artificial https://www.anfaia.org, ten por obxectivos promover a transparencia nos algoritmos de IA, xerar e traballar con fontes de datos abertos, fomentar a equidade e evitar rumbos discriminatorios, considerar o impacto social e ambiental das nosas tecnoloxías e educar sobre o uso responsable da IA.
Bases, convocatoria e inscrición en anfaia.org
