Charla Retos aos que se enfronta unha Enxeñeira ou Enxeñeiro de Software nunha consultora TIC

O vindeiro mércores 5 de novembro terá lugar a primeira charla do ciclo Aplicación Práctica das TIC na Empresa, organizado pola Cátedra ALDABA WIB: Women, ICT & Business. Nesta primeira charla, Luis M. Rdgz. Redondo e Mateo Garrido Outeiro, Coordinador técnico de Enxeñaría Software e Líder de equipo na área de Enxeñaría Software de ALDABA, respectivamente, falarán dos retos aos que se enfronta unha Enxeñeira ou Enxeñeiro de Software nunha consultora TIC.