Dentro do marco do PAT-ANEAE, o vindeiro 9 de abril ás 18:00h impartirase unha charla sobre o uso de Git para traballo en equipo. A charla será impartida polo profesor Miguel Reboiro Jato, quen explicará as bases de Git e os seus comandos máis importantes e logo dará consellos e estratexias para usalo de forma efectiva no traballo colaborativo.
Charla sobre Git para traballo en equipo
