Foro emprego ESEI e obradoiro Activa a túa empregabilidade

O próximo 22 de abril terá lugar o foro Emprego ESEI, dentro da feira de emprego EMPREGOinCAMPUS do Campus de Ourense no que o alumnado e antigos alumnos da ESEI poden realizar entrevistas con empresas e institucións. Será no pavillón polideportivo do Campus.

As entrevistas son tanto para prácticas, realización de Traballos fin de Grao ou fin de Master,  como para coñecer a empresa de cara a ofertas de emprego presentes ou futuras. A inscrición ten como data límite o17 de abril e a axenda definitiva (co cadro de entrevistas alumnado-empresa) publicarase o dia previo o evento.

No mesmo recinto haberá outras empresas e organizacións con stands informativos. Estas entidades non farán entrevistas pero estarán dispoñibles para consultas e futuras accións.

Tamén haberá unha charla previa, dentro do programa PAT AENAE relativa a esta actividade, o luns 20 de abril. A charla, titulada “Activa a túa empregabilidade – obradoiro de entrevistas e procesos de selección”, estará impartida por Mª Belén Fernández Durán, técnica orientación laboral Universidade de Vigo.