Como consecuencia da visión das necesidades do mercado laboral obtida tras os estudos realizados durante a elaboración do plan de estudos, ofértanse dous perfís profesionais diferenciados e con elevado atractivo na contorna socioeconómica galega e española.

O estudante debe cursar 30 ECTS (cinco materias) de optatividade, a elexir nunha oferta de 12 materias en total das dúas especialidades.

O estudante poderá escoller materias optativas de calquera dos dous itinerarios, aínda que para que no seu título se acredite que cursou un itinerario deberá superar alomenos 24 ECTS en materias pertencentes ao mesmo. Neses 24 ECTS non se contabilizan as prácticas profesionais.

Enxeñaría do Software

Coordinador: Francisco José Ribadas Pena

O deseño deste perfil, especialmente atractivo para consultoras e empresas dedicadas ao desenvolvemento de aplicacións software, está inspirado no curriculum “Software Engineering” proposto pola ACM (Association for Computing Machinery). Un profesional con este perfil terá as capacidades necesarias para asumir responsabilidades e funcións como:

  • Dirección e coordinación de proxectos de desenvolvemento de software.
  • Análise de requisitos de software.
  • Modelado de software.
  • Creación e aplicación das probas que permitan verificar que os sistemas informáticos cumpren requisitos e especificacións.
  • Participación no deseño de sistemas informáticos na informatización de áreas das organizacións.
  • Dirección da implantación de sistemas integrados (ERP, CRM, etc) ou dos sistemas abertos de arquitectura empresarial definidos nas políticas informáticas da empresa (frameworks, etc.).

As asignaturas que compoñen esta especialidade son:

OFERTADAS

NON OFERTADAS

  • Arquitecturas web e orientadas a servizos
  • Computación e software na nube
  • Desenvolvemento e calidade do software
  • Procesos de software

Tecnoloxías da información

CoordinadorDaniel González Peña

O deseño deste perfil, especialmente atractivo para os departamentos tecnolóxicos de empresas de calquera sector industrial, está guiado polo currículum “Information Technology” proposto pola ACM. Un profesional con este perfil poderá asumir responsabilidades como:

  • Selección e integración de produtos hardware e software adecuados para unha organización.
  • Definición das políticas dos sistemas hardware e de rede, así como as características dos sistemas de comunicacións.
  • Definición da política informática da empresa a medio e longo prazo.
  • Participación na implantación de ferramentas de Datawarehouse, SIAD, Data Mining, etc.
  • Desenvolvemento coherente das actividades de Internet da empresa e xestión da evolución en función das necesidades estratéxicas da empresa.
  • Deseño da seguridade do sistema informático.
  • Vixilancia da tecnoloxía e definición das orientacións técnicas.

As asignaturas que compoñen esta especialidade son:

OFERTADAS

NON OFERTADAS

  • Dirección estratéxica das TIC
  • Informática industrial
  • Modelado e simulación de procesos
  • Redes corporativas