Fernández Riverola, Florentino

Tipo: Catedrático de Universidade
Departamento:
Área: Linguaxes e Sistemas Informáticos
Dedicación: Completa
Web persoal: http://sing-group.org/
Experiencia docente: Docente a tempo completo na Universidade de Vigo dende o ano 2000, o profesor Riverola conta con 4 quinquenios recoñecidos, tendo dirixido mais dun cento de Proxectos Fin de Carreira, Traballos Fin de Mestrado, Traballos Fin de Grao e Becas de Colaboración co Departamento de Informática. Participou en 13 estancias de mobilidade ERASMUS, e é autor de 4 libros e 17 capítulos de libro, 1 artigo en revista nacional, 2 publicacións en congresos internacionais, 8 en congresos nacionais e 1 contribución GNU, todas elas de ámbito docente. Foi nomeado membro do grupo de traballo de persoas expertas en Intelixencia Artificial no ámbito educativo (creada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia o pasado 03/03/2021), así como membro do comité de expertos académicos para a elaboración da Estratexia Dixital de Galicia 2030 (EDG2030) creada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) o pasado 02/12/2019.
Experiencia investigadora: Coordinador do grupo de investigación Sistemas Informáticos de Nova Xeración (SING, http://sing-group.org), Florentino Fdez-Riverola conta con 3 sexenios de investigación recoñexidos pola CNAI (períodos [2001-2006], [2007-2012] e [2013-2018]), tendo dirixido un total de 9 teses de doutoramento (2 delas con mención Doutor Europeus e outras 2 con mención de Doutorado Internacional). Segundo SCOPUS (con data 01/07/2022) os 239 traballos científicos publicados polo profesor Riverola, que alcanza un índice h de 26, foron obxecto dun total de 2607 citas procedentes de 2050 publicacións distintas. Deses traballos, 138 foron publicados en revistas JCR, donde 83 delas corresponden ó primero cuartil (Q1), o que supón unha porcentaxe do 60%. A maiores, algúns destes traballos (sobre todo nos últimos anos), teñen sido obxecto de distintos recoñecementos por parte dos comités editoriales de revistas JCR Q1, sendo seleccionados como Editor’s Choice paper, Highy Accessed ou Top 25 Hottest Articles.
Experiencia profesional: Analista-programador da Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos na Xunta de Galicia (1998-1999). Especialista avaliador do sistema de certificación I+D+i da ACIE. Evaluador experto ANEP. Subdirector da Escola Superior de Enxeñaría Informática (ESEI, 2003-2006). Director do Centro de Investigación, Transferencia e Innovación (CITI, 2009-2010). Subdirector Científico do Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO, 2018-2019).

Datos de contacto

Despacho: 408
Teléfono: 988387015
Correo electrónico: riverola@uvigo.gal