Fernández Riverola, Florentino

Tipo: Catedrático de Universidade
Departamento:
Área: Linguaxes e Sistemas Informáticos
Dedicación: Completa
Asignaturas:

Grao en Enxeñaría Informática

Web persoal: http://sing-group.org/
Experiencia docente: Docente a tempo completo na Universidade de Vigo dende o ano 2000, o profesor Riverola conta con 3 quinquenios recoñecidos, tendo dirixido mais dun cento de Proxectos Fin de Carreira, Traballos Fin de Mestrado, Traballos Fin de Grao e Becas de Colaboración co Departamento de Informática. Participou en 13 estancias de mobilidade ERASMUS, e é autor de 4 libros e 17 capítulos de libro, 1 artigo en revista nacional, 2 publicacións en congresos internacionais, 8 en congresos nacionais e 1 contribución GNU, todas elas de ámbito docente.
Experiencia investigadora: Coordinador do grupo de investigación Sistemas Informáticos de Nova Xeración (SING, http://sing-group.org), Florentino Fdez-Riverola conta con 3 sexenios de investigación recoñexidos pola CNAI (períodos [2001-2006], [2007-2012] e [2013-2018]), tendo dirixido un total de 9 teses de doutoramento (2 delas con mención Doutor Europeus e outras 2 con mención de Doutorado Internacional). Segundo SCOPUS (con data 24/07/2019) os 205 traballos científicos publicados polo profesor Riverola, que alcanza un índice h de 21, foron obxecto dun total de 1508 citas procedentes de 1158 publicacións distintas. Deses traballos, 105 foron publicados en revistas JCR, donde 63 delas corresponden ó primero cuartil (Q1), o que supón unha porcentaxe do 60%. A maiores, algún destes traballos (sobre todo nos últimos anos), teñen sido obxecto de distintos recoñecementos por parte dos comités editoriales de journals JCR Q1, sendo seleccionados como Editor’s Choice paper, Highy Accessed ou Top 25 Hottest Articles.
Experiencia profesional: Analista-programador da Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos na Xunta de Galicia (1998-1999). Especialista avaliador do sistema de certificación I+D+i da ACIE. Evaluador experto ANEP. Subdirector da Escola Superior de Enxeñaría Informática (ESEI, 2003-2006). Director do Centro de Investigación, Transferencia e Innovación (CITI, 2009-2010). Subdirector Científico do Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO, 2018-…).

Datos de contacto

Despacho: 408
Teléfono: 988387015
Correo electrónico: riverola@uvigo.es
Titorías 1C:

Mércores: 11:00-13:00
Xoves: 11:00-13:00
Venres: 11:00-13:00

Titorías 2C:

Martes: 10:00-13:00
Xoves: 10:00-13:00

Titorías Outros Períodos:

Martes: 10:00-13:00
Xoves: 10:00-13:00