Algoritmos e estruturas de datos II
Saber analizar, especificar e implementar as estruturas de datos e as coleccións non lineais desde a perspectiva dos TAD.
Saber resolver problemas utilizando a estrutura de datos non lineal máis apropiada, en función dos recursos necesarios (tempo de execución,
espazo requerido, etc.)
Capacitar ao alumno para a resolución de problemas utilizando esquemas algorítmicos básicos.
Saber que os esquemas algorítmicos se consideran unha metodoloxía na cal se deben seguir procesos sistemáticos para alcanzar os obxectivos de resolución de problemas.
Usar as ferramentas dun entorno de desenvolvemento de programación para crear e desenvolver aplicacións.
Programar aplicacións de forma robusta, correcta e eficiente tendo en conta restriccións de tempo e custo, e elixindo o paradigma e as linguaxes de programación máis axeitadas.