Redes
Entender o funcionamento básico das redes de computadores actuais e a importancia duns protocolos estandarizados.
Aprender os protocolos nos que se basea Internet e as redes locais actuais.
Aprender a configurar e administrar unha rede local.
Entender as bases da computación na nube, e os modelos de nube.
Coñecer os diferentes mecanismos de virtualización de servidores e ser capaz de despregar sistemas virtualizados.
Coñecer e comprender os diferentes modelos de servizo e modelos de despregamento asociados á computación na nube, así como os servizos proporcionados por provedores de nube orientados á intelixencia artificial.
Ser capaz de pór en marcha servizos na nube.
Saber concibir e deseñar novas aplicacións baseadas en Internet ou as tecnoloxías que a sustentan.