Bases de datos II

Código: O06G151V01303
Acrónimo: BD II
Nome: Bases de datos II
Centro: E. S. de Enxeñaría Informática
Titulación: Grao en Enxeñaría Informática
Curso: 3º Curso
Período: Primeiro cuadrimestre
Tipo: Obrigatoria
Créditos: 6
Resultados de aprendizaxe:

Xestionar e coñecer a operativa asociada ás bases de datos e aos SGBD máis expandidos na actualidade.

Realizar o deseño completo dunha base de datos relacional (incluso a nivel físico). Asegurar a coherencia e a adaptación ás necesidades das organizacións.

Administrar un sistema de bases de datos, interpretando o seu deseño e estrutura, e realizando a adaptación do modelo aos requerimentos do sistema xestor de bases de datos, así como a configuración e administración do mesmo a nivel físico e lóxico, a fin de asegurar a integridade, dispoñibilidade e confidencialidade da información almacenada.

Xestionar as autorizacións de acceso para os usuarios.

Asegurar o bo funcionamento da base de datos e facer un seguimento da utilización dos usuarios a través das tarefas de mirroring, tunning e desdoblamento.

Asumir a responsabilidade da integración dos datos e da existencia de back-ups.

Estimar volumes das estruturas de datos, definindo mecanismos de migración e carga inicial de datos.

Coñecer os últimos avances relacionados con bases de datos.

Departamento:
Profesor responsable:
Guía docente: Enlace a DocNet