O Campus Auga pon en marcha unha actividade co gallo de axudar ao alumnado do Campus de Ourense nas tarefas e resolución de dúbidas para a posta en marcha da súa empresa.
Por tanto, todo o alumnado do campus de Ourense que teña gana de emprender ou dúbidas sobre se o empredemento é unha boa idea, está convidado a estas sesións formativas de balde, sobre emprendemento. Podedes ver o cartel coa programación aquí.
As xornadas terán lugar os días 20, 21, 27 e 28 de febreiro de 2025 no seminario 0.1 da Faculdade de Ciencias Empresariais e Turismo. As inscricións poden facerse a través deste formulario ata o 18 de febreiro.
Os asistentes ás xornadas recibirán:
- Un libro en formato dixital (soporte pendrive), coa colaboración do Campus Auga.
- Unha carpeta coa documentación para que tomedes notas de todo o que xurda no curso, coa colaboración da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo.
Ademais, o alumnado que remate a formación, terá dereito a un crédito ECTS e unha certificación de aproveitamento asinada polos coordinadores da formación, sendo necesaria a asistencia ao 75% das xornadas.