Computación Cuántica: presente ou futuro?

Exploraremos os fundamentos da programación cuántica, incluíndo superposición, entrelazamento e decoherencia, da man de TalentQ. Analizaremos o estado actual do hardware cuántico e os seus avances recentes. Terás a oportunidade de interactuar co QMIO, o ordenador cuántico do CESGA e/ou BSC, e ver estes algoritmos en acción. Ademais, cubriremos quantum machine learning, a súa evolución teórica e aplicacións prácticas, e discutiremos o seu posible impacto na intelixencia artificial xeral (AGI).

É unha gran ocasión para aprender, debater e conectar con profesionais apaixonados polas tecnoloxías emerxentes. Incluiremos sesións interactivas e obradoiros prácticos.

Todo da man de Javier Mas Solé (TalentQ Quantum Spain) e David Olivieri Cecchi (Universidade de Vigo). Agardámosvos!

📅 Data: 10 de setembro

📍 Lugar: ESEI, Escola Superior de Enxeñaría Informática de Ourense, Universidade de Vigo

🗒 Rexistro aquí