Charla Embaixadores da ciencia: A experiencia de crear cine na aula: unha charla con protagonistas

Dentro do programa Embaixadores da ciencia, terá lugar a charla “A experiencia de crear cinema na aula: unha charla con protagonistas” con Ramón Fernández Fernández, guionista e director autodidacta que puxo en marcha a película 12 no Camiño.

A charla será o martes, 24 de xuño de 2025 ás 18:00h, no local El Cercano (na Rúa Cardenal Quevedo de Ourense).

Estas actividades forman un ciclo de charlas no que o alumnado do Programa Universitario de Maiores da Universidade de Vigo cambia as aulas por cafetarías para se converter, por uns días, en divulgadores e embaixadores da ciencia que foron acumulando nas súas traxectorias vitais, pero tamén da que xera a universidade na que se están formando.