Bases de Datos

Código:
Acrónimo: BD
Nome: Bases de Datos
Centro: E. S. de Enxeñaría Informática
Titulación: Grao en Intelixencia Artificial
Curso: 2º Curso
Período: Primeiro cuadrimestre
Tipo: Obrigatoria
Créditos: 6
Resultados de aprendizaxe:

Levar a cabo o deseño dun sistema de base de datos a partir duns requisitos iniciais.

Comprender a metodoloxía de deseño e os obxectivos e utilidade de cada unha das fases que a compoñen.

Realizar a implementación física do deseño, utilizando as principais sentenzas da linguaxe SQL para a definición do esquema, a xestión dos datos, e a súa consulta declarativa en liña.

A partir dos requisitos, determinar os modelos de datos e tecnoloxías máis axeitadas de almacenamento e análise.

Coñecer os conceptos teóricos principais do modelo relacional.

Comprender o esquema dunha base de datos relacional, e ser capaz de modificar e manipular os datos almacenados na base de datos, utilizando as funcionalidades dos sistemas de xestión de bases de datos.

Departamento:
Profesor responsable:
Guía docente: Enlace a DocNet