A ESEI é un Hub autorizado por Google para aloxar a 1ª rolda de clasificación do evento Hash Code 2020.
O evento consistirá nunha competición na que distintos programadores resolverán retos técnicos de programación propostos por Google a nivel mundial. Durante a tarde do día 20 de febreiro os participantes, desde a ESEI, coñecerán os retos e deberán aportar unha solución no tempo establecido.
De entre todos os participantes a nivel global Google seleccionará as mellores solucións, e invitará aos equipos gañadores a unha rolda final que se celebrará o 25 de abril. Este evento está aberto a calquera persoa interesada no mesmo, tanto estudantes como profesionais.
Para participar é necesario rexistrarse ata o 17 de febreiro, as 12 horas.
Para calquera dúbida contacta coa ESEIDA (Delegación de Alumnos da ESEI).