Cotos Yáñez, Tomas Raimundo

Tipo: Contratado Doutor
Área: Estatística e Investigación Operativa
Dedicación: Completa
Asignaturas:

Grao en Enxeñaría Informática

Grao en Intelixencia Artificial

Experiencia docente: Na Universidade de Vigo, e dende o ano 1996 ven impartindo docencia en diversas materias de Estatística e Investigación Operativa na E.S. Enxeñaría Informática, na F.C. Empresariais e Turismo e no mestrado/doutoramento Interuniversitario en Técnicas Estatísticas conxuntamente coa USC e a UDC. Na UNED é profesor-tutor de diferentes materias de Grao vencelladas á área da Estatística e Investigación Operativa.
Experiencia investigadora: A súa experiencia investigadora enmárcase na área de Estatística, concretamente desenvolvemento e aplicando técnicas estatísticas a problemas reais en diferentes ambitos: medioambientais, informático, químico, ... Principalmente, técnicas de estimación non paramétrica/semiparamétrica de curvas, técnicas de muestreo (bootstrap) e test de bondade de axuste. Ten publicacións en revistas internacionais como Statistical Papers, Spatial Statistics, I.J. of Biometeorology, Environmetrics...
Experiencia profesional: Realización de diversos informes técnicos a entidades como o Concello de Ourense, Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia...

Datos de contacto

Despacho: 12 - 5ª Planta, Edificio Xurídico-Empresarial
Teléfono: 988368766
Correo electrónico: cotos@uvigo.gal