Barreiro Alonso, Enrique
Tipo:
Titular de Universidade
Departamento:
Área:
Linguaxes e Sistemas Informáticos
Dedicación:
Completa
Asignaturas:
Grao en Enxeñaría Informática
Experiencia docente:
Son profesor titular da Universidade de Vigo, na que traballo dende 1991. Ao longo destes anos teño impartido docencia en materias de programación, enxeñería do software e sistemas de información, principalmente. Na actualidade son profesor responsable da materia de Enxeñaría do Software I, en segundo curso do Grao en Enxeñaría Informática.
Experiencia investigadora:
Optimización de algoritmos xenéticos. Sistemas de información. Aplicacións de técnicas de machine learning no ámbito científico. Proxectos con empresas.
Experiencia profesional:
Dende 1994 a 1999, e dende 2006 a 2013 fun Director da Escola Superior de Enxeñaría Informática da Universidade de Vigo. Tamén fun coordinador do Máster en Consultoría de Software Libre e do Máster en Enxeñaría Informática. De 2018 ata 2021 fun Director do Campus da Auga, un proxecto da Universidade de Vigo financiado pola Xunta de Galicia para a especialización do Campus de Ourense en temáticas da auga e outras relacionadas, como a industria 4.0 ou a economía circular.
Datos de contacto
Despacho:
414
Despacho virtual:
https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/195045626
Teléfono:
988368911
Correo electrónico:
enrique@uvigo.gal