Enxeñaría do software II
Coñecer os principios básicos do proceso de desenvolvemento de sistemas software desde unha perspectiva moderna.
Coñecer e utilizar as técnicas dispoñibles para o desenvolvemento de sistemas complexos.
Coñecer e utilizar as técnicas dispoñibles para o desenvolvemento de sistemas lixeiros.
Deseñar aplicacións software baseadas en técnicas e tecnoloxías de orientación a obxectos que involucren a utilización de compoñentes software, ferramentas CASE de desenvolvemento visual e ciclos de vida iterativos e incrementais guiados polo control de riscos.
Comprender e considerar en todo o proceso de desenvolvemento de sistemas a reutilización dos fragmentos definidos.
Incorporar a garantía de control de calidade baseado en probas a todo o proceso de desenvolvemento.