Centros de datos
Poñer en marcha os procedementos de proba e de control de calidade conforme á lexislación e normativa vixentes.
Asegurar o bo funcionamento físico dos sistemas informáticos implementando políticas de seguridade.
Vixilar, analizar e recoller posibilidades tecnolóxicas existentes para o desenvolvemento de software e hardware, e ser capaz de seleccionar a máis adecuada.
Dar solución a problemas de integración en función das estratexias, estándares e tecnoloxías dispoñibles.
Estudar o sistema actual e analizar e idear mellores medios para levar a cabo os mesmos obxectivos ou outros adicionais.
Expor o prego de condicións técnicas dunha instalación informática de tamaño medio, contemplando as necesidades de alimentación, refrigeración, chan técnico, conservación e seguridade, de acordo a normativas.
Deseñar a política de hardware respecto a adquisicións, sustitucións, etc
Participar no deseño de novos sistemas informáticos como consecuencia da informatización de áreas da empresa que utilizan métodos e procesos manuais para o desenvolvemento das súas tarefas.
Deseñar solucións informáticas relacionadas con cambios nos sistemas existentes ou con novos sistemas.